Unsamigos

Tremenda leria

Curtametraxe

CAMBIA CHAQUETAS

Pablo A. Calviño Padín

Versión 1.0

28/05/08

Guión literario: Eu mirmo Cambia Chaquetas-Versión 1.0

Anos 40. No pais corren tempos difíciles e cada un buscase a vida como pode…

1- CALELLO EN PENUMBRA – NOITE

Dous homes cargan sixilosa pero apresuradamente caixas nun 127, un vai de militar(Xesús 45 anos) o outro de paisano(Xosé 34 anos).

XESÚS

Como van as cousas pola casa Xosé? Nai vai entendendo?

XOSÉ

Cóstalle, Xesús, costalle é moi vella Oh! Pensar que o seu fillo máis vello leva a mesma chaqueta ca os que mataron o seu home non e sinxelo para ninguén.

(Segue cargando sen mirar a seu irmán)

Parecelle que es o demo.

XESÚS

Non me fodas Xosé! Ben sabes porque o fixen. Se non fora por esta chaqueta xa estabamos todos mortos.

XOSÉ

Si, home si. Xa o sei, e acouga que cando lle pase a carraxe tamén nai se a de dar conta.

(Vese a Xosé cerrando o maletero. Acabaron de cargar.)

XESÚS

Ten moito tino Xosé. Levas comida e roupa para o que queda de inverno. Coida sobretodo que Maruja lle quite todas as identificacións militares a roupa non vaia ser o demo.

XOSÉ

(Rindo.)

Tranquilo home non ves que o demo agora está do noso lado. (Tirándolle da chaqueta a Xesús).

XESÚS

(Sorrindo como se tivera diante un neno inocente)

Veña vaite! Vaite antes de que se faga de día.

2- Interior do 127.-Noite.

Vese a Xosé conducindo por unha estrada oscura e neboenta.(Transmite frio). Xosé fai xestos evidentes de ter frío. Mira ós pes do asiento do acompañante e nunha das caixas ve sobresair o colo dunha chaqueta militar. Pilla a chaqueta e mentras tenta poñela despistase votase fora e o coche vai parar a cuneta.

3- Beiravía.-Noite.

Vese a Xosé saindo a estrada. Moi enfadado.(O espectador debería resultarlle gracioso).

XOSÉ

Mecajo en Cristo no demo na chaqueta no coche é na nai que os pariu a todos. Ostia puta! Mecajo en Franco e…

Oese un coche que se achega e entre a brétema xa se ven dous puntos de luz. Xosé faille acenos para que pare

.

Para uns metros antes de Xosé e cando este se achega gesticulando e dando explicacións dase conta de que é un Jeep militar e de que leva a chaqueta posta pero xa é tarde; os soldados xa se están baixando do coche.

Xosé queda ríxido,pálido e calado, producese un intre de tenso silencio mentras os soldados se achegan a Xosé que xa se ve máis morto que vivo.

Os soldados acheganse silenciosos e con caras serias a Xosé, e de súpeto, cando están a un paso del cuádranse, realizan o saudo militar e un deles di:

SOLDADO1

Buenas noches señor. En que podemos ayudarle señor.

Xosé co medo e a sorpresa reflejados na cara dase conta dos galóns na chaqueta e reaccionando rapidamente di sorrindo:

XOSÉ

Quiten as chaquetas cabaleiros van suar un pouco.

3 Respostas to “Curtametraxe”

  1. [...] Curtametraxe [...]

  2. Fran(chango) dixo

    Está ben.
    Igual podias ir comentar mais ou menos os planos que che gustaria usar nas escenas.
    Por exemplo o principio, algo como:
    Vense desde certa distancia duas siluetas cargando caixas nun 127. Ambolos dos estan a falar:
    Xesús: Como van as cousas pola casa Xose?
    Agora, dende o maletero do coche, vense como conversan e cargan as caixas no coche:
    Xésús: Nai vai entendendo?
    XOSÉ: Cóstalle, Xesús, costalle é moi vella Oh! Pensar que o seu fillo máis vello leva a mesma chaqueta ca os que mataron o seu home non e sinxelo para ninguén.
    (Segue cargando sen mirar a seu irmán)
    Primer plano de Xosé:
    Xosé:Parecelle que es o demo.

    Allgo así. Servebos para que a hora de grabar ter unha idea do que vades facer e evitar discutar media hora coas camaras nas mans como facelo.

    Ou eu fariao asi, vamos. Bueno e aí como fago cando escribo un guión de comic, e non e moi distinto.
    Un saudo.

  3. samufon dixo

    Versión 1.1 e 1.2 xa, o público demanda espectáculo de calidade xa, se non o fas pronto romperán as butacas dos cines. ¡Faino por Cinecito!.

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>