Antes da década dos 80 os aspirantes a neurocientíficos estudiaban como principio importante do desenrolo neural que a neuroxénese ( crecemento de novas neuronas ) non se daba en adultos. Pensábase que todas as neuronas se producían nos primeiros anos de desenrolo e que a partir de ahí comezaba o declive : morte continua de neuronas que nunca se reemplazan.
O primeiro acontecemento que fixo que os científicos se cuestionasen este principio foi o descubrimento de que as partes do cerebro implicadas no canto dos paxaros medraban ( aumentaba a cantidade de neuronas ) xusto antes de cada época de apareamento. Nos 90 confirmouse que continuamente se están a sumar novas neuronas no bulbo olfativo e no hipocampo dos mamíferos. Parece que neste último agréganse 2.000 neuronas por hora, o que non é ningunha coñita…As células nai destas neuronas prodúcense en diferentes sitios do cerebro para logo migrar ao seu emplazamento definitivo.
Hai unha liña de investigación centrada nestas células nai neurales moi interesante : estudiaron os efectos que tiña en roedores adultos vivir nun ambiente rico en estímulos e resultou que as ratas que vivían nun ambiente enriquecido producían un 60% máis de neuronas hipocampales que as ratas do mundo ” pobre “. De todas formas, parece ser que este efecto na neuroxénese do hipocampo non é unha consecuencia directa dun ambiente enriquecido senon do aumento de exercicio físico ( ás ratas para enriquecerlle o ambiente colócanlle rodiñas desas de ratas, xoguetes, outras ratas…) que se da neses ambientes. Como o hipocampo está implicado en varios tipos de memoria, empeza a apuntarse que se cadra poidamos utilizar o exercicio físico como tratamento para os problemas de memoria.
Xa se sabía que o cerebro controla o comportamento, ahora sábese que o comportamento modifica as estructuras do cerebro.
