Ola peñita, xa sei ke tades todos de vacas e ke tardaredes en leer esto pero para que septembro se vos faga máis levadeiro vouvos contar aljuns truquillos hackers.
En realidade se nos atemos a jerga estricta máis bens serian truquillos crackers que son como os hackers pero malotes e dentro destes nos seríamos lamers ke veñen ser os crackers que non teñen nin puta idea pero ke descubren un par de projramas na rede pa joder os demáis e xa lle parece ke son uns fora de serie.
Poñede liveapplet en google, cada página de resultados que vos sale é unha cámara de seguridad dos sitios máis dispares, desde os semáforos dunha cidade ata un parque público pasando por un circuito de karts ou un restaurante chinés por poñer alguns exemplos. O máis increible e que vós ¡podedes manexar as cámaras dende o voso ordenador!
¿Cal é o truco? Moi sinxelo, son cámaras que os seus propietarios conectaron a rede internet para vixiar os seus negocios dende a súa propia casa. O problema é que o non ter coñecementos de informática non saben ke calquera pode hackealas cunha simple busqueda en google(outro día contovos o infiníto potencial de google como ferramenta de hacking). Personalmente entendo o caso dos pequenos propietarios ke no seu descoñecemento mostran os seus segredos o mundo pero o dos gobernos(caso das cámaras das ruas, semáforos,parques…) xa me costa un pouco máis.
E agora, unha anécdota.
Fai unha tempada Anton e máis eu estabamos xogando coas cámaras dunha pista de coches telederixidos cando un tipo se fixou na cámara que estabamos a mover. O darnos conta empezámos a vacilalo perseguindoo coa cámara por todo o local. Tiñades ke ver a paranoia ke se pillou o tío. Empezou a chamar o que debía ser o encargado da pista, a señalar a cámara e a decirlle, supuxémos nos, que o perseguía. O outro decíalle ke non e, para demostrarllo, levouno con el ó outro lado do local, por suposto a cámara non o seguiu
Pero tan pronto o encargado marchou volvemos o ataque jajajaja eu creo ke o pobre home ese día soñou con cámaras psicópatas jajjaja.
Bueno veña, pasadeo ben pero non sexades malos. Outro día cóntovos outra falcatruada.
P.D. Se tedes algun adolescente descarriado na familia podédeslle enseñar o truco e dentro de seis meses teredes un informático friki ke, non é moito mellor pero, polo menos non molesta.
Saudos.