Ou imos ao próximo partido ou vannos pillar moita ventaxa e despoix ostias. Veña animo!!!!
Archive for the ‘BILLARDA’ Category
Empezou a liga de Billarda
Publicado por Pablo on Outubro 1, 2008
Publicado en BILLARDA | Etiquetado: BILLARDA | 1 Comentario »
AineVran Chama
Publicado por ainevran on Xuño 11, 2008
Boas tardes blogueir@s , amig@s tod@s.escríbovos hoxe para comentarvos unhas cantas cousas, que , como veredes, son de vital importancia para todos nós:
En primeiro lugar indicarvos que, neste preciso instante,cando vos iba a explicar que as palabras que levan @ aí arriba non son links, senón que decidín poñer ese símbolo para ser políticamente correcto, descubro que se as seleccionas e lle dás ao sexto botón empezando pola dereita póñense en cor negra, e non azul como estaban nun primeiro momento;este descubrimento fai innecesaria a longa explicación que tiña preparada, polo que paso a outro tema.
OUTRO TEMA:(esta é a razón primixenia do meu post) hoxe chamoume Isaac, o da billarda, para avisarme de que este domingo´son os playoffs da liga nacional de billarda en Compostela, nun pabellón de Conxo.Díxome que van a poñer un autobús dende A Coruña, e que se fai falla poden facer unha parada preto de Cerceda.A final durará dende as 11-12 da mañá aproximadamente ata o final da tarde.Se alguén se quere poñer en contacto con el que me chame e doulle o número.Xa vos digo que eu non podo ir, pero pode estar ben pasarse por alí.
Por outro lado, atendendo ao requerimento de Moncho, voume presentar para que este bo amigo meu procedente de Bos Aires, pero cuxas raíces chegan ata Carballás e mesmo ata a lonxana Astande, poida coñecer a identidade de quen escribe;boas Moncho, querido amigo, son AineVran.
Ademáis, e por último, inicio con este post unha serie adicada ás frases do cine que máis me impactaron ou que por algunha outra razón sempre recordarei.Intentarei que esta serie teña unha periodicidade non maior ca dos mundiais de fútbol.A primeira das frases que vos achego sae dese filme protagonizado por Johnnie Deep no que interpretaba a un ser creado por un científico tolo e que por mans tiña tixeiras.A frase que tanto me gosta díxoa esa señora que vendía cosméticos polas portas e que foi a descubridora de Eduardo.A frase é:”Avón llama“.Xa sei que esto é unha tremenda tontería, pero é unha tontería real, polo que é moi posible que eu, AineVran, deba recoñecer que non son moi listo, ou incluso que me falte un cuarto de hora.Sexa como for, estoulle moi agradecido a actriz de dobraxe desta película pola marabillosa musicalidade que lle dá a ese simplísimo texto.
Ben, despois desto despídome un pouco avergoñado por facervos perder o tempo…; pero seguro que perder un pouquiño tamén é moi necesario, polo que penso que me deberades estar agradecidos.
SAÚDE
Publicado en BILLARDA, Cine, Varios, presentaciones | 3 Comentarios »
Billarda(toma de contacto)
Publicado por Pablo on Abril 22, 2008
Como xa saberedes un grupo de valientes(Rebeca, Javier,Samuel e máis eu) estrenámonos o Domingo como equipo de Billarda. Nome de guerra OS FENDEPAOS.
Era a primeira vez que agarrabamos o palan e a verdade é que non nos foi nada mal, fixemos un billardazo e 6 puntos que poideron ser bastantes máis a pouco que a sorte nos tivese acompañado e que en vez de 4 xogadores foramos 8.
Ofreceronnos organizar o próximo partido en Cerceda pero, visto que apenas xuntamos o mínimo de xogadores para un equipo e que ainda non sabemos con quen contamos para o próximo partido. Eu paso.
Por outro lado levámonos a impresión de que é un xogo totalmente politizado o que a min personalmente pode que me faga replantexarme o xogar ou non. Polo de agora voulles dar o beneficio da dubida participando noutro par de probas ata que teña unha opinión formada que me faga decantarme por seguir, deixalo ou montar a nosa propia liga, quen sabe.
Un exemplo de que a elección do nome foi acertada (esta billarda fendémola practicando antes do partido)
Publicado en BILLARDA | Etiquetado: toma de contacto | Deixa un comentario »
Salimos en Vieiros¡¡¡
Publicado por Pablo on Abril 19, 2008
EQUIIIIPOOOOOOOO!!!!!! Salimos en Vieiros. O noso estreno como palanadores xa está dando que falar. E eso que ainda non nos viron xogar
Tuvemos falando do nome e gustanos “Os Fendepaos”. A vos que vos parece?
Mañán poñemos unhas fotos e algun video do estreno.
Durmide ben que a competición espera.
Publicado en BILLARDA, Noticias | Deixa un comentario »
a Wanted ela
Publicado por javierpose on Abril 17, 2008
Billardeiros e billardeiras deste noso país, este dia quixen entrenar para domingo,a primeira ves (as vinte primeiras veces ) nada pero a seguinte vez dinlle tal billardazo que levo seis dias a busca da billarda. Onte chamoume un home que seica a viu en bregua esperando o tren para santiago, el preguntoulle que facia alí, e ela dixolle.
-Vou para santiago o ministerio de igualdade ou o de medioambiente,ainda non o sei, a denunciar a un cabronazo que desfixo a miña ilusión de chegar a ser parte dun carballo centenario ou milenario ou incluso unha alacena de carballo macizo . -Ti crees que hai dereito? _Ese home separoume da miña familia cun foiciño vello , logo empezou a labrarme pola cabeza e polo cu, e despois tiroume no chan. Eu pensei secar alí , tirada coas duas feridas ainda frescas, pero non terminaba ahí a cousa , vino vir cara min co irmán da pola de abaixo e comenzou a zouparme na ferida unha e outra vez , dun golpe na ferida do cu , brinquei ca dor e ainda no aire largoume un estacazo nas costillas que ainda tou vendo as estrelas.
Así que aquí estou esperando o tren para santiago , para a ver se podo evitar a reunión que teñen estes animais en ordenes este fin de semana. Vostede ten telefono mobil ? _Pois chamalle haí a coruña para ver se pode parar o tren en bregua ,e senon poñame no rail e acabe co meu sufrimento.
Eu pregunteille o home que fixera con ela e contestoume .
-logo que ia facer,largueille un billardazo que caseque debeu chegar a boedo.
A todo o mundo ,se vedes un pau afiado no tralleto de bregua a boedo ,colledeo e quedade con él ou queimadeo ,pero por nada do mundo lle chamedes a Renfe ,que como chegue a xunta vainos joder o campeonato.
Nada mais que recordarvos se o vedes <=> wanted-ela e chamadesme
Publicado en BILLARDA, Javier, Literatura, relato | Deixa un comentario »
Billarda
Publicado por Pablo on Abril 8, 2008
¡Atención¡ !Notición¡ Entrade no blog da billarda (tedes o acceso a dereita) hoxe falan de nós.
Xa vos figurades que o Anton ke mencionan e o Toñito ke todos conocemos.
E entre nós non fai falla ke lle mandedes un correo a Toñito e mellor ke directamente o chamedes e veñades xogar o Domingo 20 a Ordes. Xa sei ke non sabedes xogar pero trankis ningún de nos sabe jajajaja.
Imonos reir moitisimo, contamos con vos. E por se alguen se kere escabullir vos sodes(Javier,Ana, Samuel,Damian,Moncho).Eso os ke leen este blog dos ke non o leen faltan uns cuantos pero a eses xa os chamarei.
!Veña Billardeiros animadevos e a por eles ¡
Publicado en BILLARDA | Etiquetado: BILLARDA | Deixa un comentario »
ei vaii
Publicado por javierpose on Marzo 28, 2008
ssssi uhhhvaaa, vaa va, doo re miiiiiii probando
Bueno parece q vai ben, dios boto ben de menos as verbenas ,falando deso´. aqueles superbailes, que pouco mais eran que una xunta de veciños e familiares, pero con bochinche e música. dijo música porque esta podia variar entre: jaiteiros -duo ou jrupo -orquesta e ORQUESTAZA ou ORQUESTASA (depende de onde se de) eu voulle facer un pequeñino apartado a cada un.
Jaiteiros : Que decir dos jaiteiros, son galegos, da terra ,dan vidilla e chejan 3 ,bueno con fojetes 5 (jaita , bombo ,pandereta ) +pac opcional ( o fojeteiro e o q leva os fojetes). Eu poñolle un 8 bó
Duo o jrupo – Tan ben sempre e cando suba o viño , fajan un festival hevyrokfolk pos nenos e tiro pos mais novos, pac opcional gitana cun par de mesas cheas de cousas varias, petardos ,rodillos , molinillos de vento ,etc. Eu creo q ninguen é capaz de facer unha lista dos productos que ten un jitano de festa. Toda vida decíndoche _Cuidado q andan uns homes por fora dos colegios, que che dan caramelos con droja. E despois o dia da festa ,toda a familia che pingaba unhas calderillas pa q jastaras na jitana e no tiro,e se eras pequeno ian contijo as primeiras veces porq ti lle tiñas medo a señora q vendia. _Ves non pasa nada. señora deme 10 cuartos de barreno po neno e poñalle 20 balis.jajajaj en fin, os duos e jrupos doulle un 5
Orquesta: home e mais con duo ou jrupo .neses casos xa veñen as lanchitas e pouco mais eso si cas lanchitas como co tiro ,viña outra mesa de chilindradas ,e moi raro pero non imposible o tiovivo,dios cantas luces .Quen non flipou nun tiovivo , esa maquina futurista con gameA,gameB e gameC. Explicoo.
gameA- Coches de bombero con campana , coches policia con sirena, etc. Debuxos disney e luces
gameB- Cabalos,motos, etc . (Nestes xa tiñas q facer pé)Debuxos de superman e mais luces
gameC- Con C de columpio de cadeas. (Eso era voar chico) nese caso os debuxos xa case che enseñaban unha teta ,luces, vento , musica , e veña voltas. Despois de duas veces xa envolvias as cadeas porque normal xa cansaba.
Onde ia ? a ver q miro
jajajaja si un 9 as orquestas doulle un 9
Orquestaza ou orquestasa: Estas xa pasan de xuntas veciñales a invasion de consumidores, papeles de tómbola e tenderetes.pero aí si q non fallaban os coches de choque.Eu doulle un15.
bueno lo, pois esto son as verbenas segundo o meu parecer .Pa probar se asi se fai un blog debe de valer e penso que a ortografia non e importante neste caso pero de todas formas xa iremos aprendendo
Publicado en BILLARDA | 2 Comentarios »
A billarda
Publicado por Pablo on Marzo 27, 2008
“Ola, son Lucía, a rapariga de A Taberna de Lola de Remourelle, era para mandarche o número de telefono de David, o rapaz do que estivemos falando da billarda!!Aquí che vai o número: xxxxxxxxxxxPois este é o número, se o chamas de seguro que non vas ter ningún problema kon el, é moi bo tipo, e si é para falar da billarda pois aínda mellor, e si queres dille que quén che demos o número fumos nós que non hai ningú problema. ok? e xa che digo, na páxina web de ovaral apareceche de todo, inclusive as xogadas que se fan no campionato.Pois nada, espero volver vervos nun deses encontros da billarda no que tan ben se pasa e tantos amigos se fan!!!Se tes algunha dúbida xa tes a miña dirección de e-mail, para o que precisedes. ok??Sen máis k dicir, un saudiño para os dousAcabamos de recibir esta mensaxe da rapaza que nos falou por primeira vez da billarda, non me digades que non tedes ganas de probar a vosa destreza co palán.Bueno para que lle vaiades pillando o gusto engadín o enlace a dereita da páxina oficial da Liga Mundial de Billarda máis o video explicativo . Xa contaredes que vos parece.NOTA: Se keredes ver o video ke vai con este post tedes que abrir o blog con Mozilla Firefox porque co Explorer non se ve “
Publicado en BILLARDA | Etiquetado: BILLARDA, casa lola, remourelle | Deixa un comentario »
