Unsamigos

Tremenda leria

¿Deixar de fumar?

Publicado por samufon on Xuño 13, 2009

-Vouno deixar.

-¡¡¡Si si!!!, xa escoitara iso antes.

- Non, desta vez e verdade, mira, xa non merco tabaco en paquete, agora merco picadura, e menos malo, ou iso din, e como da mais choio liar os cigarros fumo menos, e así pouco a pouco…

-Non sei eu, en canto lle collades o tranquillo a iso de liar xa fumades igual ou mais que antes.

-Non o, ademais coma e mais barato…

¿Soavos esta conversa ou algunha parecida?, pois posiblemente agora teñades razón os que optárades por deixar de fumar co tabaco de liar, porque agora “o noso queridísimo e estimado goberno, mirando polo ben e a saude dos seus cidadáns, tomou a decisión de facilitar que estes cidadáns que fuman picadura o teñan mais facil para deixalo subindo os impostos de dito tabaco”

Como di este artículo que enlazo, ou así o entendín eu, esta decisión a quen vai afectar mais son as clases de persoas con menos recursos, que se pasaron a este tipo de tabaco precisamente na sua maioría por cuestións económicas, e a quen vai irlle ben vai ser os estanqueiros.

Non sei eu, pero na miña ignorancia respecto o tema en cuestión (todos sabedes que non fumo, e que estou en contra do consumo de tabaco), penso que se a idea e para que a xente deixe de fumar ten que facerse por outros medios, porque se o que se lles ocurre e subir os impostos, os que teñan menos pagarán mais, e isto paréceme mais unha idea recaudatoria que preventiva, e que polo visto os cidadáns cada vez lles preocupan menos  ó governo de turno, sexa “dunha especie animal ou doutra”, e  interesalles mais dar mais cartos os ricos  sacandollo ós pobres que axudar e facilitar a vida os que teñen menos recursos.

Unha resposta a “¿Deixar de fumar?”

  1. aeiraderebeca dixo

    A ver se comprades casas con finca que ímos ter que plantar pa fumar…

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>