Unsamigos

Tremenda leria

Poliades.blogspot.com

Emitido por Pablo on Xuño 14, 2008

Este e o nome do noso novo blog(polo de agora non ten nada). Trankis, non significa que vaiamos cerrar este nin moito menos.

A intención é que entre todos fagamos un blog no que publicar, igual ke agora, o que nos apeteza, pero orientado a atraer o máximo público posible. En “poliades” imos meter publicidade (xa a “contratei” con google a través do sistema AdSense) a ver se nos da pa pajar unhas ceniñas polo menos.

O blog fixeno en blogger que é un sistema distinto a wordpress, tamén gratuito, pero ke permite insertar publicidade coa que ganarte unhas pelillas. É moi fácil de manexar sobretodo agora que xa somos todos uns expertos en wordpress que é moito máis complocudo.

AdSense é probablemente a publicidade peor pagada da rede pero é un sistema rápido e gratuito co que experimentar sen risco nin esforzo. Se a cousa vai ben xa nos cambiaremos a outro sistema ke de máis pelas.

Con AdSense podese instalar un plugin que reparte as ganancias desta maneira: 50% a repartir entre todos os que publiquemos no blog e o outro 50 proporcionalmente entre os autores según as entradas que teñan os seus posts.

Non vos vou decir o ke tedes ke escribir ou deixar de escribir no blog pero hai algunhas normas básica que creo nos convén seguir se keremos sacarlle algo o temita:

Os posts en castelán ou en inglés chegan a moita máis xente ka en jallejo. Esto é así justenos máis ou menos. Así ke en principio penso ke deberiamos escribir todos en castelán para darlle unha uniformidade.

Dende hoxe compartimos unha “miniempresa” e canta máis publicidade lle demos, máis visitantes. Correde a bola entre todos os amigos, familia, conocidos, etc…

Cando entredes noutros blogs podedes facer comentarios sobre o tema do ke esten falando nese blog e de paso deixar a dirección do voso. É unha técnica de promoción aceptada e ben vista na blogosfera. Eso si procurade currarvos os comentarios ke deixades para que a xente keira saber máis de vos e o dono do blog ke visitades non vos borre o comentario.

Se falan da guerra de Irak e vos poñedes: “eu tamén falo da guerra no meu blog” a peña pasa de vosporque se ve o interés. Hai ke os deixar pensando “coño ke interesante a opinión deste tipo a ver ke di no seu blog”

Os temas de actualidade atraen máis xente en xeral pero non sempre é así.

Procurade ser educados a “netetiqueta” segue sendo moi importante na rede.

Como calquera artista sabe para poder saltarse as normas técnicas primeiro hai que dominalas. Un blog ten moito de arte. Calquer expresión escrita o ten.

De todas maneiras non vos preocupedes en exceso pola correción escrita. En xeral a todos nos costa moito, porque igual ke cando aprendes unha lingua, e unha cuestión de práctica. Xa iremos mellorando, dentro de un ano non imos ser uns Cervantes pero…

Recoméndovos escribir antes os post nun procesador de textos como o word para poder pasarlle o corrector ortográfico e despois con copiar-pegar pasalos o blog. Haiche moito exquisito por ahí adiante con eses temas e podense convertir nuns auténticos pelmas nos comentarios.

Nun blog público se escibo un post como este comenme. Ke se como se me ocurre escribir “ajora” con j, ke se ke ten ke ir con qu, ke se ostias en vinagre. Igual ke no bar todos somos seleccionadores nos blogs todo cristo e da RAE.

Insisto nIsto porque sei ke a moitos xa vos costa escribir aquí por este motivo, pero tampouco vos ralledes “ninjén naciu aprendido” e como di miña abuela “ke dijan o ke keiran ou debeslle aljo a aljen”.

Pensade unha cousa o voso blog e como a vosa casa. Intentas ke cando veñen os invitados se sintan cómodos(por eso procuras escribir con correción) agora se algún non ven porque non lle gusta o papel das paredes non por eso o vas cambiar (por eso escribes o ke che da a gana).

A diferencia con este blog (unsamigos) e ke este é para os colegas e se hai un calcetin tirado nunha esquina e os cacharros están sen lavar cha suda ke pa eso son colegas. O importante é ter unhas birras na nevera, un jueco no sofá e botarse unhas risas.

Non escribades cousas nosas, para eso está este blog. Tampouco vos recomendo dar moitos datos personales pero cada un sabrá.

Unha última cousa os hipervínculos (esas letras azules ke cando pulsas lévante a outra páxina) son o auténtico motor de internet. Son os ke fan ke a rede se comporte como tal ,sen eles a interactividade desaparece, por iso, e moi importante ke os incluades nos vosos post. Se dis, en tal sitio escribiron tal cousa, donde puxeches tal sitio fas un hipervínculo a esa dirección. Ademáis considérase unha norma de cortesía ca fonte ke citas. Probablemente tarde ou cedo che devolva o favor.

Deíxome moitas cousas no tinteiro pero xa volas irei contando a poucos. Por certo podédesme deixar preguntas nos comentarios. Ou chamádeme, ¡ke carallo!, ke telefónica tamén ten ke comer.

ke podemos esperar deste experimento? Pois depende exclusivamente de nós pode dar pa uns pinchos pa unha mariscada ou pódenos kitar de traballar.

Podedes visitar Microsiervos.com é un blog ke fan tres colegas e ke sin ser nada espectacular doulles para vivir a conta del.

De todas maneiras se nos paga a cena de Navidade eu doume por satisfeito.

¡fagamos ke luza!

P.D. Para escribir tedes ke: Crear unha conta en gmail, mandarme un correo dende a nova dirección co voso nome, esperar a ke vos mande a invitación(hei tardar o menos ke poida) :-) . Se tedes algun problema avisádeme nos comentarios ou como keirades.

P.D.2 O nome do blog non é definitivo podémolo cambiar se se vos ocurre outro mellor ke esté libre. Sabédelo escribindo na barra de direccións “nomekesemeocurre.blogspot.com” se aparece outro blog, olvidadeo.

Recoméndovos esta lectura.

2 Respostas to “Poliades.blogspot.com”

  1. Lidia Says:

    Grande frase: “Igual ke no bar todos somos seleccionadores nos blogs todo cristo e da RAE”. Moi certa…

    Boa sorte co novo blogue, aínda que o bonito deste é precisamente que teña un calcetín nunha esquina e os cacharros sen lavar. É o que o fai diferente, e arestora todos os blogues parécense demasiado os uns aos outros. Non perdades iso!

    Un saúdo.

  2. javierpose Says:

    o meu comentario e qu esto e moi larjodeler.
    que pronto inventaran aljo o que ti lle fales e o poña por escrito no idioma preselecconado que tamos no 8.
    bueno xa ves, como non te vexo nin en pintura .
    abandonachelo padel con disculpas mil, que fajo un corto,que miña nai ta emferma ,que unha despedida ca sua boda ,que si un tobillo inchado .en fin. despois nos vas atrasar cando veñas porque nos xa vamos entrar o game b, jajjjajajajaj

    outra cousa se vas tar na casa danos unha chamada e damosche unha visité.
    COIDATE

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>