O Rei
Emitido por aeiraderebeca on Maio 16, 2008
Hoxe entereime de que o álbum “Thriller” de Michael Jackson é unha das 25 gravacións que este ano entran a formar parte da National Recording Registry, da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos,institución que se dedica a preservar as gravacións ( discursos, música e outros sons ) que se consideran de importancia cultural e histórica. Así que como a min sempre me pareceu bo chaval e lle teño cariño, como moitos da miña xeración, creo, pois voulle facer unha pequeniña homenaxe no noso blog. Non vou colgar Thriller porque xa está máis que trillao, no seu lugar déixovos o outro temazo deste álbum que foi o primeiro video dun artista negro que se presentou na MTV. E para seguir chamando a atención ( moi na súa liña ), remato co videoclip máis caro da historia : Scream, do seu álbum ” History “. Que os disfrutedes.
Maio 16, 2008 at 8:46 pm
nu se ven