Categorizar, etiquetar e os precios electrónicos do Carrefour
Publicado por Pablo on Maio 14, 2008
Unha amiga de Sam fíxolle unha crítica constructiva con respecto o caos que reina no noso blog. E que queredes, ten razón. Se vos fixades para calquera que veña de fora ler o blog faise un pouca peñazo porque os posts non están ordenados de ningunha maneira (excepto por autor e por data). E claro, cando chegas o quinto ou o sexto posts xa vas ata os webs. Bueno pois esto solucionase categorizando e etiquetando o que é de por si toda unha ciencia con miles de libros escritos sobre o tema. O grano:
Debaixo da ventana na que escribides os posts tedes duas ventanas unha que pon etiquetas e outra que pon categorias.
Unha categoría ven a ser o motivo principal dese post por ejemplo no post de Samuel sobre o clero a categoria podería ser “humor”(ou a que se vos ocurra tanto ten) e as etiquetas ”clero” e “pinguinos”.
Podería dar máis explicacións pero creo que a mellor maneira de lle coller o tranquillo e que vos mesmos probedes a etiquetar e categorizar os vosos posts. Non teñades medo ningún a equivocarvos non hai botón de autodestrucción.
Ata aquí a primeira clase de alfabetización dixital que vos prometía onte. Podevos parecer pouca cousa pero esto da categorización é un dos pesos pesados da que deron en chamar web 2.0 e según a vaiades usandoa iredes vendo porque.
E falando de etiquetar. Sabedes o que vin hoxe no carrefour?!!!!! ¡Os precios electrónicos! Pa flipar!! Resulta que sustituiron tódolos carteliños cos precios dos productos por unhas pantalliñas dixitais que poden cambiar con un simple click.

Estes están en Xapones porque a foto quiteina dun blog que se chama Kirainet.com e que por certo recoméndovos.
A miña dubida é: se eu pillo unhas anchoas a 1,56 euros a lata, dou unhas voltas polo Carrefour e cando chego a caixa o precio no trebello electrónico marca 1,67 euros. Enton que? (No blog de Kirai menciona que en Xapon usanse para ir baixando o precios dos productos perecedeiros según avanza o día pero non di nada de como solucionan o asunto este, ainda que se os precios só baixan non creo que ninguén se queixe) Seguramente teña unha solución sinxela pero polo de agora ainda non a sei. E vos?
O próximo día que vaia o carrefour pregunto.
P.D. Despois de escribir o post atopei esto. Parece ser que o temita dos precios electrónicos vai traer moitas máis consecuencias sobre os nosos hábitos de consumo do que podería parecer a simple vista. Se os trebellos poden detectar a túa tarxeta carrefour (se a tes e senon, a pagar un plus no precio dos productos) xa non é que che vaian saber exactamente que percorrido fas polo centro comercial, con toda a información que eso da dunha persona, senon que ademáis os precios para tí poden ser diferentes que para o veciño en función dos factores que o Carrefour considere oportunos.
Non me quero poñer paranoico pero as posibilidades de manipulación do cliente por parte do comerciante acabanse de mutiplicar exponencialmente.
Xa sei como lle vou chamar o próximo post Huxley contra Aquarius, mañan explícovolo.
sami dixo
imaxina por un casual que os centros comerciais tiveran camaras de segurida, e que tiveran a un fulano controlando o que colle a xente e o mesmo tempo os productos que se está a pagar nese preciso intre, ¿poderia ser posible que se moita xente colle un producto no mesmo intre e dan unhas voltas coma dis ti antes de ir pagar, que o fulano de marras lle de o boton e lle suba os prezos?
500 clientes no centro
100 collen aceite a x euros nun periodo de dez minutos
nese intre aproposito llesuben 10 centimos
e asi con todo fai os calculos do que sacarían a maiores nun día. Pero como dicia, non creo que fagan eso, non son tan ruins.