Unsamigos

Tremenda leria

A man alzada

Emitido por Pablo on Abril 1, 2008

A ver hoxe vouvos comentar un par de temas así , a vuela pluma, que me fan ferver a sangre.

Empezamos por China, resulta que as autoridades chinas están adoctrinando a os seus funcionarios para que inflúan sutilmente nos periodistas extranxeiros. Mediante técnicas de manipulación do máis variado, China pretende engañar o planeta tal é como engaña aos seus habitantes. Ata aquí nada novo, por outro lado, pero é que certos medios occidentais pretenden facer fan o mesmo pero a inversa. Nada novo tampouco xa o sei.  Ou o mellor non, e resulta que simplemente como di o artículo é un exemplo de un periodismo acostumado a que as axencias lle dean a información xa masticada e non comproba as suas fontes. Cousa que por outro lado sabemos que sucede e que che fai pensar que tan enganados vivimos os uns como os outros. Pois non. Non é verdade. Estou seguro de que en occidente vivimos enganados e manipulados pero a diferencia dos Chinos aquí non só o sabemos senon que ademáis podémolo decir ben alto. E iso non é unha sutil diferencia é, A DIFERENCIA.

De todas maneiras tranquilos que  o COE despois da tremenda metedura de pata que é darlle os xogos olímpicos a un pais no que os niveles de represión están case tan altos como os de contaminación(Bekelele, o maratoniano máis grande da historia non vai os xogos pola contaminación, e o COE recomendou os atletas levar mascarilla ata o día da proba) pediulle a China que non censure Internet mentras duren os xogos . ¡Tócate los cojones!  Explicación para tontos: “os  xogos olímpicos son un negocio moi xugoso e non vaia ser que a peñita decida non velo por razóns morais”. Pero poden estar tranquilos que aquí o que nos importa e que Davil Cal gane a medalla de ouro.

En cambio  noutros sitios aínda nos poden ensinar algo( ainda a ser verdade que a India é a gran reseva espiritual do planeta) e senon mirade esta noticia, o futbolista máis popular de India decidiu non levar a antorcha  !ole tus cojones chaval!
Cambiando de tema ¡MOITO COIDADO CO EMULE! En Canarias acaban de condenar a seis anos de carcel a un paisano por compartir pelis porno de nenos. Si si que se joda. Pero para os que non sepades como funciona o EMULE eso podeo facer calquera sen darse conta. Explícome: Cando tí pos a baixar unha peli no emule non sabes o que estas baixando ata que acaba de descargala. Pero mentras as partes descargadas que se van acumulando no teu equipo xa se van compartindo con outros usuarios que estean descargando esa misma peli. Agora imaxinádevos que poñedes a descargar Bambi pero resulta que o tío que a colgou en internet é un fillo de puta que en realidad ten un video pederasta con ese nome(Bambi) . Listo, xa pasades a ser criminales. Estades descargando e compartindo, sin sabelo, un video de pederastia. Os que non usades os clientes P2P (emule, bittorrent,etc…) esto parecerávos raro pero é algo do máis habitual. Pásaste dous días esperando a que che descargue Axenda Oculta de Ken Loach da que che falaron tan ben e resulta que cando vas a vela a axenda levaa oculta Jenna Jameson no chichi.

Esto é unha estratexia de asociacións como a SGAE para que os usuarios deixemos de usar as redes P2P o cal é negarse a ver o evidente. Que o seu modelo de negocio está caduco e obsoleto. De esto xa vos falarei outro día.

De todas maneiras cada vez hai máis páxinas desde as que ver as pelis sen necesidade de descargalas e incluso de oir a música ou incluso de compartir archivos cos demáis sen aloxalos no teu equipo. De esto tamén vos ei falar outro día. :-)

Así que xa sabedes vixilade todo o que vos vai descargando o emule e se vedes que é pederastia borradeo inmediatamente. Por certo se queredes ver  de que vai unha peli antes de que acabe de descargala podedes usar o VLC. Descargase gratis de internet, poñedes “descargar vlc” en google e listo.

Bueno veña deixovos por hoxe que xa vos soltei rollo dabondo.

P.D. Javier os teus artículos molanme a mazo. Un día destes temos que ir arreglar ese bache, grabalo e poñelo en Internet. A todos os que llo conto lles parece unha idea cojonuda, facer a páxina con actos coma ese feitos por persoas de todo o mundo. Por certo kemosade xa case funciona asi que se queres podes deixar alí a idea para que xa cha vaian votando. Saudos

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>